MAQUIS: formación vexetal típica dos ecosistema mediterráneos formada principalmente por oliveira silvestre e lentisco.
OLIVEIRA SILVESTRE
LENTISCO
GARRIGA: formacións vexetais formadas por romeu e tomiño principalmente. Dase na paisaxe de clima mediterráneo
ROMEU
TOMIÑO
TAIGA: Tamén chamado Bosque Boreal. Taiga é unha palabra rusa que significa "Bosque frío". A taiga é o bosque típico das zonas con clima continental no que priman as árbores de folla perenne e con forma de cono (coníferas): abetos, piñeiros...
ESTEPA: gran chaira de terra seca asociada co clima continenal que se caracteriza por unha vexetación formada por herbas adaptadas á falta de auga que teñen as raíces moi profundas.
TUNDRA: é un bioma propio das paisaxes con clima polar que se caracteriza por: un subsolo xead, falta de vexetación arbórea e solos cubertos de carriza, liques e arbustos pequenos resistentes ao frío.








No hay comentarios:
Publicar un comentario