viernes, 29 de noviembre de 2019
miércoles, 27 de noviembre de 2019
SAÍMOS NA PÁXINA WEB DO CONCELLO
O luns 25 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER asistimos na Praza do Obradoiro ao acto reivindicativo organizado polo Concello de Santiago para explicar cómo elaboramos o noso vídeo sobre "MICROMACHISMOS" que xa se pode ver na páxina web do noso centro. Pincha aquí para velo e non esquezas activar o Flash do teu equipo.
Alba e Ángel foron os encargados de ler o noso escrito. Dese acto podemos atopar referencias e imaxes na páxina web do Concello pinchando aquí.
E aquí baixo tamén podedes ver as fotos dos nosos compañeiros durante a a lectura en presenza do alcalde de Santiago (situado detrás de Alba)
martes, 26 de noviembre de 2019
IMAXES DA VEXETACIÓN E A PAISAXE EUROPEA
MAQUIS: formación vexetal típica dos ecosistema mediterráneos formada principalmente por oliveira silvestre e lentisco.
OLIVEIRA SILVESTRE
LENTISCO
GARRIGA: formacións vexetais formadas por romeu e tomiño principalmente. Dase na paisaxe de clima mediterráneo
ROMEU
TOMIÑO
TAIGA: Tamén chamado Bosque Boreal. Taiga é unha palabra rusa que significa "Bosque frío". A taiga é o bosque típico das zonas con clima continental no que priman as árbores de folla perenne e con forma de cono (coníferas): abetos, piñeiros...
ESTEPA: gran chaira de terra seca asociada co clima continenal que se caracteriza por unha vexetación formada por herbas adaptadas á falta de auga que teñen as raíces moi profundas.
TUNDRA: é un bioma propio das paisaxes con clima polar que se caracteriza por: un subsolo xead, falta de vexetación arbórea e solos cubertos de carriza, liques e arbustos pequenos resistentes ao frío.
CLIMOGRAMAS DE EUROPA
Queres coñecer os climogramas de diferentes ciudades de Europa???
Pincha na imaxe de abaixo e levarate a una páxina web onde no cadro da esquerda so tes que seleccionar o país e na dereita a cidade dese país da que queres ver o seu climograma.
viernes, 22 de noviembre de 2019
lunes, 18 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








































